jueves, 10 de septiembre de 2009

De fantasías, realidades e metáforas



Certo día, despois de vagar sen rumbo durante moito tempo, atopou o que parecía ser o comezo dunha espesa selva. Parecía un territorio hostil, onde os forasteiros non eran benvidos. Seguramente estivera ocupada por unha desas lexendarias tribos que describen algúns atrevidos exploradores.

Desesperado pola falta de auga e alimento, decidiu arriscarse e adentrarse nesa impoñente masa verde, onde a luz do sol case non chegaba. Ao pouco tempo, chegou a un claro onde atopou unha pequena aldea que semellaba abandonada. Podíase ver o fume que saía dunha fogueira aínda quente, pero as humildes chabolas medio derruídas delataban que alí xa non quedaba ninguén. Os seus poboadores deberon de fuxir dalgún perigo que os inquedaba, ou simplemente (ninguén o sabe) non eran felices nese lugar.

O medo dos primeiros intres tornou en tranquilidade e felicidade cando observou que aquel poboado podía resultar un lugar onde recuperar forzas e protexerse das inclemencias do tempo. De súpeto, unha noite, mentres estaba tumbado no chan rodeado dun desacougante silencio, sentiu que aquela selva estábao chamando. Si, a el. Comezou a sentirse ben alí, a fundirse coas árbores, como se ese enorme mundo verde o acollese de bo grado e estivese a gustiño a carón del.

Entón decidiu, a pesar dos perigos e os problemas que xurdirían ao establecerse alí, que aquel era un bo lugar para vivir, moito máis acolledor que calquera dos sitios onde estivera ata ese momento. E alí quedou, porque, simplemente, era feliz. Tan difícil e tan sinxelo.

jueves, 3 de septiembre de 2009

De crises e gripes

Decidín comezar este blog porque creo que chegamos a un grao de podredume e de dexeneración no que quedarse calado é ser cómplice de todo o que está a pasar. Pídolles que non se crean ningunha idea das expostas neste texto, simplemente lean e pensen.


Primeiro chegou esa "crise" que veu a espertarnos da comodidade e fartura na que estabamos instalados. Os especuladores cheos de cartos que controlaban como querían os cartos da xente que lle confiaba os seus bens viron que as cousas se torcían, pero quedaron caladiños. Ata que un día...Bum! E toda esa harmonía perfecta saltou polos aires e descubriu estafas, corrupción, tratos de favor absolutamente descarados, beneficios oscuros e desorbitados.


E que facemos para solucionalo? Moitas propostas, pero ningún remedio real e efectivo. E os que nos gobernan, os que só se lembran de nós cada catro anos para que os manteñamos no seu pedestal, que fan? Uns, os que aquí mandan e alí están na oposición, non poden facer nada porque están afogados e atados pola corrupción. E cando falan, só o fan para criticar e para queixarse de que sufren espionaxe, sen presentar ningún tipo de probas, ou para dicir que os seus rivais políticos fan todo mal e non saben gobernar.

Outros, os que alí mandan, adícanse a pedir tranquilidade aos cidadáns. Que a culpa non é nosa, que é unha crise mundial que non podemos solucionar. Que non pasa nada home, que aínda que haxa catro millóns de persoas sen traballo e esteamos endeudados ata o pescozo, vai todo ben, o mes que vén todo comezará a ir mellor. E se se lles esgota este truco, que fan? Pois eso, criticar. Que vale que nós non teñamos ningún tipo de solución para a situación, pero é que os outros son corruptos, ladróns e peores ca nós (que xa é dicir moito).

E algúns, simplemente, non fan nada.


En fin, con este panorama, só cabe lembrar unha frase de Séneca na que criticaba a un personaxe do seu tempo: "Cando todos falan, ti falas. Fala ti, agora que todos están calados".



E agora vaiamos cara a segunda parte do conto, que é o punto principal de todo esto, onde se centran as miñas sospeitas:
Lembro aquela canción, interpretada pola mítica Karina, que supoño que moitos coñecedes: "Tres cosas hay en la vida: salud, dinero y amor, y el que tenga esas tres cosas, que le dé gracias a Dios".
Pois ben. Supoño que toda esta parafernalia mediática de telelixo e pasatempos vacíos de contido
creados para que a xente pense o menos posible non tardará moito en controlar os nosos sentimentos afectivos, pero por agora aínda non o lograron.
En segundo lugar, como dixen anteriormente, esta crise provocou que a maior parte dos cidadáns tiveran que apretar o cinto para non pasar dificultades, polo que ese segundo pilar da nosa felicidade, a estabilidade económica, según Karina, está, canto menos, en perigo.
E chegamos irremediablemente ao terceiro punto. Que é o que primeiro lle ven á cabeza á xente cando pide un desexo? Como di meu avó, "o importante e ter salú".
De acordo. E como podemos facer que os cidadáns se olviden da crise? Fácil. Collemos unha gripe que apareza por aí e convertémola en portada de todos os medios de comunicación, disfrazándoa de enfermidade case que mortífera e letal. E o mellor é que a xente, de primeiras, entra no xogo e cae na farsa.

Por sorte, dentro do aparvamento xeral da sociedade, aínda hai algunha cabeciña que saca o sentido común, esa expresión tan escoitada, pero pouco utilizada, que como ven, dá nome a este espazo:
http://ecodiario.eleconomista.es/salud/noticias/1204657/04/09/Nadie-se-alarma-por-las-casi-500000-muertes-anuales-de-gripe-comun-en-el-mundo.html

No mesmo sentido, a OMC (Organización Médica Colegial), vendo como a histeria medraba xeométricamente, non quixo quedarse calada e advertiu onte nun comunicado de que se está creando unha "alarma e angustia esaxerada" ante a gripe A:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/medicos/censuran/alarma/exagerada/creada/pandemia/elpepusoc/20090902elpepisoc_2/Tes

A nova gripe, ou gripe A, causou, ata o día 1 de setembro de 2009, un total de 2.185 mortes en todo o mundo.

É canto menos sospeitoso que unha doenza que mata menos xente que a gripe común (si, esa que seguramente padeceches algunha vez ti ou algún dos teus achegados) sexa publicitada coma unha enfermidade grave que precisa de tratamento exhaustivo, medidas de cuarentena en centros públicos e empresas e demáis actuacións desproporcionadas.
Con todo esto creo que non é ilexítimo preguntarse: É posible que a alarma creada pola gripe A fose premeditada?

No mesmo sentido, hai algunhas voces que van máis alá e parecen suxerir un trasfondo económico na propagación do virus H1N1. Recoméndolles que vexan este breve documental, colgado gratuitamente no portal YouTube. Na miña opinión é un pouco sensacionalista, pero dá que pensar.

http://www.youtube.com/watch?v=gKwk8Kq8QXA



Qué cousas! Cando parecía que xa non quedaba nin rastro de Bush e os seus colegas, mira ti por onde aparecen...


Chegados a este punto, observamos que a opinión pública parece estar espertando da hipnose á que se viu sometida por toda a engranaxe política e mediática a causa do aumento de casos de infectados co virus H1N1. Pero, a pesar de todo, os gobernantes xa lograron, por uns poucos meses, desviar a atención sobre a crise e sobre a súa magnitude, en moitos casos descoñecida. Durante este tempo, cando eran cuestionados sobre a crise só se limitaban a responder que había "brotes verdes", "síntomas de recuperación", que "o peor xa pasou", etc.


En fin. Como dicía ao principio deste artigo, quedarse calado ante todo isto é ser cómplice deste gran engano. Ao final sempre pagaran os mesmos, e os que crearon toda esta situación seguirán vivindo alleos á realidade e sen verse afectados nin o máis mínimo.


Igual hai que empezar a moverse, non?