
Certo día, despois de vagar sen rumbo durante moito tempo, atopou o que parecía ser o comezo dunha espesa selva. Parecía un territorio hostil, onde os forasteiros non eran benvidos. Seguramente estivera ocupada por unha desas lexendarias tribos que describen algúns atrevidos exploradores.
Desesperado pola falta de auga e alimento, decidiu arriscarse e adentrarse nesa impoñente masa verde, onde a luz do sol case non chegaba. Ao pouco tempo, chegou a un claro onde atopou unha pequena aldea que semellaba abandonada. Podíase ver o fume que saía dunha fogueira aínda quente, pero as humildes chabolas medio derruídas delataban que alí xa non quedaba ninguén. Os seus poboadores deberon de fuxir dalgún perigo que os inquedaba, ou simplemente (ninguén o sabe) non eran felices nese lugar.
O medo dos primeiros intres tornou en tranquilidade e felicidade cando observou que aquel poboado podía resultar un lugar onde recuperar forzas e protexerse das inclemencias do tempo. De súpeto, unha noite, mentres estaba tumbado no chan rodeado dun desacougante silencio, sentiu que aquela selva estábao chamando. Si, a el. Comezou a sentirse ben alí, a fundirse coas árbores, como se ese enorme mundo verde o acollese de bo grado e estivese a gustiño a carón del.
Entón decidiu, a pesar dos perigos e os problemas que xurdirían ao establecerse alí, que aquel era un bo lugar para vivir, moito máis acolledor que calquera dos sitios onde estivera ata ese momento. E alí quedou, porque, simplemente, era feliz. Tan difícil e tan sinxelo.
actualiza perra
ResponderEliminar